
Ten a súa orixe en Galicia, a única raza autóctona. A finais do século XX estaba en perigo de extención.
Os testimonios máis antigos encóntranse no área de Sabucedo (Ribadeo).
O cabalo de monte galego distribúese nun hábitat que cubre as montañas de Galicia, sobre todo en Lugo e Pontevedra.
Os cabalos de pura raza galega descríbense como animais de temperamento dócil cando se crían en condicións de semilibertade ou en establo.
Na cabeza ten frente ancha con abundante tupé, ollos expresivos e con labios gordos con bigote, ten un abdomen redondeado e un peito con profundidade, os cascos son fortes e pequenos. As extremidades son cortas, finas e fortes; a crin e a cola están moi poblados con pelos gordos e fortes.
A capa obligatoriamente debe ser castaña ou negra e non se admiten como cabalos de esta raza os que teñan cores diferentes e considéranse defectos todas as manchas brancas ou de outras cores na frente ou nas patas. Defínese como un cabalo pequeno, forte e robusto.
A lexislación fomenta a crianza do cabalo galego con fins deportivos, de exhibición ou de ocio da tradicional gandeiría rústica ou para o consumo.
Na práctica de equitación destaca a súa aptitude en calquera modalidade, tanto de competición como de ocio, para paseos e rutas de turismo ecuestre, para probas de salto de obstáculos, horseball, enganche lixeiro, doma clásica, concurso completo e andadura galega.

O seu temperamento é ideal para os centros de hipoterapia ou de equitación terapéutica.
Esta raza ten moitas veces fins alimentarios, xa que posee unha carne de gran calidade, a mayoría dos cabalos galegos que se utilizan para fins cárnicos non suelen ser de pura raza.

No hay comentarios:
Publicar un comentario